Dedicámonos a ensinar e practicar sistemas de luita da tradición occidental.

Con e sen armas, desde o século XIV até o presente, estudamos sistemas de combate propios da Península Ibérica, do Sacro Imperio Romano-Xermánico ou autóctonas galegas.

Temos salas federadas nas principais cidades galegas. Busca una perto de ti e ponte en contacto para experimentares unha aula gratis.

Historical European Martial Arts (HEMA) é unha sigla que engloba as técnicas de combate tradicionalmente paticadas na Europa. Esas técnicas foron normalmente concibidas para a defensa persoal ou combate civil, e non para o ámbito militar, aínda que existen excepcións.

Moitas destas artes de combate empregan espadas, mais tamén hai tradicións de combate desarmado, con paus, con armadura completa (arnés) ou con roupas de rúa … Ao contrario das artes marciais orientais, na maioría dos casos, estas técnicas foron perdidas co decorrer da historia, e non hai transmisión directa de mestres a alumnos.

Na AGEA levamos mais de unha década traballando na recuperación de este legado marcial. Estamos en contacto con outras entidades internacionais que se dedican ao mesmo propósito, e publicamos as nosas investigacións no noso propio selo editorial. Tamén enviamos, regularmente, instrutores a encontros e seminarios de todo o mundo para divulgar o noso traballo.

Temos clases nas principais cidades galegas, con cursos adaptados a persoas con calquera forma física e experiencia deportiva ou marcial.

Anímate a vir probar unha das nosas aulas: ponte en contacto coa tua sala federada mais próxima!

 

Salas federadas na AGEA

A Coruña:
Academia da Espada

 

Compostela
Arte do Combate

  • 622262642 (Diniz)
  • web
  • e-mail
  • Facebook
  • Centro «A Incubadora», Area Central,
    Avenida de Berlín 1, 15704 Compostela

Compostela:
Escola de Artes Marciais Europeas de Compostela

Lugo:
Asociación Lucense de Esgrima Antiga

  • 646174101 (Manuel) ó
    696064804 (Alberto)
  • e-mail
  • Facebook
  • Casa da Xuventude “Iuventa”. Rúa Xesús Bal e Gay s/n. Lugo.